1 feb. 2016

EMPEZAMOS!!


Eu son Belén, mestra de profesión e de vocación. Aínda que comencei coa especialidade de PT, acabei de cheo na primaria. E por se fora pouco, na biblioteca escolar, coordinando grupos de traballo, facendo cursos online....a cabeza non para!
Comparto momentos cos meus compañeiros e compañeiras, e cas miñas alumnas e alumnos, no CEIP Xesús Golmar, que está situado na vila de Lalín, en Pontevedra. Non se está nada mal. 

Vaia, xa estamos noutra leria! 

Si!, a verdade é que sempre fai falta ter a cabeza enredada, pois parece que se non ando aquí e acolá, non descanso tranquila. E sempre teño por frase "que teño que aprender ben para poder ensinar mellor".

Desta vez imos introducirnos na ciencia, investigación, curiosidades varias como o título deste blog.

Ven, pois a partir de agora, todas e todos a investigar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario