2 feb 2016

POR QUE A INDAGACIÓN? PARA QUE A CIENCIA?

Indagar: Tratar de chegar ó coñecemento dunha cousa reflexionando sobre ela ou por conxecturas e probas.    Sinónimos: investigar, averiguar, pescudar, buscar, analizar, examinar, rastrexar, inspeccionar

A investigación na escola non estivo moi presente ata hai pouco que comenzou unha nova etapa na formación e na ensinanza. Posiblemente grazas á aplicación de novas metodoloxías, activas, que procuran o desenvolvemento de habilidades para conseguir os coñecementos establecidos no currículo e tamén daquelas competencias que permitirán acadar un desempeño correcto.

Xa que desenvolver as competencias supón moitos complementos circunstanciais: por que, para que, con quen, onde, cando se fai, etc., a investigación, como método empregado nos proxectos sobre todo, vai facilitar que se poida respostar á maioría destas cuestións.

Este curso supoñíame afondar máis na ABP (aprendizaxe basada en proxectos) e que cada vez que se propoña un traballo en grupo cooperativo, teñan moi claro o papel que debe desempeñar cada un e a finalidade dese traballo.

As ilusións están postas ó máximo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario