15 feb. 2016

INDAGANDO E EXPERIMENTANDO

A proposta que se nos presenta é levar a cabo uns "snack experiments", experimentos curtos e sinxelos, para coñecer e recoñecer que habilidades científicas se poden poñer en práctica con cada experiencia.



Estas experiencias véñennos dadas cunhas simples instrucións sobre o material necesario e unha pregunta para deducir que habilidades se poñer en práctica.

Acuario de refrescos
Nesta experiencia debemos observar que sucede cunhas determinadas latas de refresco normal e zero dentro dun recipiente con auga.
Eu probei con dúas latas de KAS laranxa normal e zero e con dúas latas de Coca-Cola normal e zero.

                                                                                                                                                            
Despois de metelas con coidado, observei que unhas afundíanse e outras non. Adiviñades cales flotaban?
Pois, mentres establecía hipóteses, comprobei que as que se afundían eran as latas de refresco normais. Aquelas baixas en azucre, zero, mantíñanse a flote. A interpretación do observado foi simple.
Certo é que me puxen a xogar con elas: movinnas e empuxeinas hacia abaixo. Entón as latas de KAS afundíronse e as de Coca-Cola mantíñanse flotando. Curioso, non?


Torre de cores
Esta si que foi entretida, pois a miña filla tiña curiosidade por ver que pasaba. Non cría que os distintos líquidos non se puideran mezclar, como se podía ver na foto.
Tiven que cambiar algúns elementos: os colorantes. Para o azul mezclei unha gotiña de témpera azul con auga, e no alcohol botei colorante alimentario laranxa.

   
Observamos que sucedía cada vez que se engadía un novo líquido. Formulamos hipóteses antes de verter cada elemento preguntándonos que podería pasar. Interpretamos cada fase: cando botabamos un novo líquido miramos con atención o que ocorría.
Finalmente, establecimos que os que se quedan abaixo son "máis pesados" e os outros líquidos, non. Pero que algúns non permitían "o paso" dos líquidos, é dicir, non se mezclaban entre eles.


Plano inclinado
Esta experiencia quizais resultou sinxela e obvia.
Probei con tres alturas distintas empregando anaquiños de madeira que tiña na casa para montar o plano inclinado, a rampla.
No primeiro intento, o plano tiña a máxima inclinación, a bola percorreu a superficie á máxima velocidade en comparación coas outras experiencias.
                       
    

Conforme o grao de inclinación diminuía, a velocidade de baixada da pelotiña aminoraba.
A observación do que acontece en cada intento, a planificación da práctica, investigar en cada fase o que está acontecendo e interpretar os datos das medicións (inclinación, velocidade), son as habilidades que se poñerían en acción.


Buzo

Neste caso, paréceme máis complicado que comprendan que é o que sucede cando presionamos a botella.


A min non me saíu ben no primeiro intento, pois a bolsiña de ketchup non se movía na botella.
Na segunda ocasión si se puido observar como ao aumentar a presión no interior da botella, a bolsiña desplazábase hacia abaixo influenciada por esa acción.
As habilidades que se poñen en práctica son a observación, formulación de hipótesesinterpretación do suceso.



             

No hay comentarios:

Publicar un comentario